Iníciase a tempada de percorridos medioambientais coa rede fluvial do Concello de Vigo. Tentaremos coñecer o hábitat de Vigo e as súas parroquias circulando polos seus principais ríos e regatos. Tamén iremos achegándonos a contidos de grande interese como o ciclo da auga, as boas prácticas no uso da auga, a dinámica das redes fluviais, etc.
Nesta primeira etapa do domingo 17 de febreiro toca coñecer o curso alto do río Lagares, dende o seu nacemento en lagoa Mol -na zona do aeroporto- ata a avenida de Madrid. Comprobarase como percorre zonas húmidas moi interesantes e como se ve sometido á presión da actividade humana.
O xoves previo, como se ven facendo habitualmente, subirase ao blog a ficha técnica do percorrido. En todo caso como avance, estes son os datos.
Proceso de inscrición e de participación
Como recordatorio, sobre todo para os novos paticipantes, lembrar que para poder inscribirse nos percorridos medioambientais é necesario chamar ao 010 entre o luns e o xoves e reservar praza. Na solapa superior do blog denominada "Inscrición" atoparedes todos os detalles.
Unha vez inscrito, o domingo pola mañán, entre 9:00 e 9:30 pásase lista diante da marquesina de autobus situada enriba da Praza do Rei.
Os/As participantes que xa dispondes de carné de Camiño a Camiño simplemente o tendes que presentar e así axilízase o proceso. Os/as novos participantes entregarásevos o citado carné.
De cara a facer cómodos os percorridos, recoméndase levar calzado de camiñar que suxete ben o pé e aqueles/as que o precisen un bastón de apoio. Na ruta deste domingo é sinxela, pero así ímos habituándonos.