A Concellería de Medio Ambiente e o Vigozoo teñen previsto desenvolver durante as datas de nadal as seguintes actividades (ver www.vigozoo.com/glg/ noticias.asp)
- Conferencia "As singularidades das píntegas das Illas Atlánticas". Venres 21, 19:30, Vigozoo. Actividade en colaboración coa Universidade de Vigo. Ver detalle abaixo
- Campamento en Vigozoo (6-12 anos). Quenda 1: 26-27 e 28 decembro. Quenda 2: 2-3 e 4 xaneiro. Horario 10-14h, con aula matinal (8-10) e recollida ata as 15h. Prezo por quenda: 9 euros. Prazas por quenda: 50.
- Obradoiro sobre a elaboración de xabóns naturais (3h). Quendas de mañán (10-13h) e de tarde (16:30-19:30) os días 26, 27 e 28 de nadal. Actividade en colaboración coa Fundación Sales. Prezo adultos: 5 euros. Prezo rapaces: 3 euros. Praza por quenda: 20.
Ademais,
as hortas urbanas de Fontáns e de Camelias seguirán, se a climatoloxía o
permite, a súa andaina habitual (ver calendario en caminoacaminovigo.blogspot.com )
Conferencia "As singularidades das píntegas das Illas Atlánticas"
Adolfo Cordero Rivera (Catedrático do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo) e Guillermo Velo Antón (Investigador post-doctoral no Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos da Universidade do Porto).
Durante
os últimos anos, o Grupo de Ecoloxía Evolutiva da Universidade de Vigo ven
realizando estudios das píntegas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de
Galicia, logrando un relevante nivel de coñecemento do comportamento destes
animais en liberdade.
Entre
os resultados obtidos e transmitidos por este equipo, nas últimas mostraxes se
atopa a confirmación dunha conduta eminentemente diúrna na poboación de San
Martiño (Cíes), mentres que en Ons se observa a típica conduta nocturna.
Por
outro lado a detección de varios casos de depredación sobre as píntegas en San
Martiño, conleva a hipotetizar que son precisamente os depredadores nocturnos
existentes no parque nacional os causantes de dito cambio de conduta.
A
píntega común (Salamandra salamandra)
presenta dúas estratexias reproductoras. A primeira e a máis común és o
ovoviviparismo, no que se produce o nacemento de larvas en zonas de auga doce despois
da incubación e eclosión de ovos no tracto reproductivo materno. A segunda
estrategia é o viviparismo, caracterizado pola liberación en terra de xuvenís independientes
da fase acuática.