Rutas, voluntariado e horta de Fontáns para esta fin de semana

A fin de semana preséntase cargada de actividade, agardando que o tempo nos acompañe. As rutas por Galicia permitirá coñecer Ancares. As rutas clásicas permitirá realizar un percorrido entre Zamáns e Galiñeiro. A horta de Fontáns segue coa súa dinámica.

Rutas por Galicia: Ancares
Todo previsto para a saída este sábado da expedición cara Ancares. Cunha climatoloxía incerta, o incentivo está en contemplar unha serra única e un hábitat excepcional. Na preparación contempláronse pegadas de oso como a que se ve a continuación.




Clásicas por Vigo: Zamáns-Galiñeiro
Unha vez realizada a ruta das Greas, toca "volver a casa" e pechar a tempada con tres rutas habituais no termo municipal de Vigo. Aos que seguen Camiño a Camiño resultaralles familiar e aos que se achegan por primeira vez resultará interesante coñecer a beleza dos paraxes que temos en Vigo.
Nesta ocasión a ruta será Zamáns - Galiñerio (ver detalle en documento)






Ruta: Encoro de Zamáns – Casal do Abade (Zamáns)
Recorrido longo: 10,9 km. Duración: 4 h            Dificultade: media-alta
Recorrido curto: 8 km                      Duración: 3  h           Dificultade: media
Altura máxima: 655m na cova da becha.
Altura mínima: 298 m. Muíño das Maquías.
Pendente máxima: 23.4% - 28.5 %



Voluntariado
Os traballos no Lagares continúan coa incorporación de novas persoas voluntarias. Nesta ocasión (sábado a partir das 10 no lugar habitual) a proposta de facer unha especie de viveiros de moitas árbores autóctonas como os amieiros (Alnus glutinosa).



Horta de Fontáns e Curso de hortas en Vigozoo
Pouco a pouco vaise collendo ritmo nos traballos na horta de Fontáns. A esta xornada do sábado, a partir das 10:00, engadiranse os participantes no último curso realizado en Vigozoo.
Asemade, continúan os cursos básicos de hortas en Vigozoo tamén a partir das 10:00
Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Rutas, voluntariado e horta de Fontáns para esta fin de semana
Rutas, voluntariado e horta de Fontáns para esta fin de semana
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjzWkMMusOqF7DoL5psTNN67M0hn_km-FyY73qfM1X-h5XkwN-yRLsJbTFPgEBFzsxreYxksC84B0J5b7W_2IDxx41wKxTonJI4lOA9jP_GL1skO6Xm3xRDDZTP72NFvJskagmSCVBqdHrG/s400/PegadaOso-1.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjzWkMMusOqF7DoL5psTNN67M0hn_km-FyY73qfM1X-h5XkwN-yRLsJbTFPgEBFzsxreYxksC84B0J5b7W_2IDxx41wKxTonJI4lOA9jP_GL1skO6Xm3xRDDZTP72NFvJskagmSCVBqdHrG/s72-c/PegadaOso-1.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/11/rutas-voluntariado-e-horta-de-fontans.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/11/rutas-voluntariado-e-horta-de-fontans.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar