Nesta semana as hortas urbanas e o voluntariado medioambiental son os protagonistas.
Na horta de Fontáns estase rematando con todos os preparativos: habilitación da caseta para depositar o material e poderse cambiar, colocación de puntos de rego, preparación do aparcadoiro e do peche perimetral. O proceso de asignación de bancais está a bo ritmo todos os martes de 10 a 13h, os mércores de 16 a 18h e os sábados de 10 a 13h.
Na horta de Camelias segue o proceso de plantación e de traballo en grupo por parte das persoas participantes. Os martes de 16 a 18h e os mércores de 11 a 13h vanse incorporando novas persoas ao grupo.
A horta de Navia segue no proceso de preparativos e en canto haxa información ao respecto xa vos informaremos e enviaremos un correo electrónico.
No tocante ao voluntariado medioambiental, dúas novidades para esta semana. Por unha banda, iníciase actividade na zona húmida de A Bouza. Por outra banda, aparte dos mércores e os sábados pola mañá (10 a 13h), ábrese un novo horario os mércores de 16 a 18h. Deste xeito téntase dar cabida a persoas voluntarias que polas mañáns non poden participar.