A Concellería de Medio Ambiente, ante as informacións
de expolio no traballo que o Voluntariado de Camiño a Camiño está a facer na erradicación de flora
alóctona e invasora, e posterior rexeneración e plantío de especies autóctonas, creou unha serie de carteis informativos
para por nas áreas de actuación sobre as que se está a traballar actualmente.
Deste xeito a xente que por alí pasa estea ben
informada do que realmente se está a facer, invocando ao respecto ó labor de
esforzo e rexeneración medioambiental que alí se está a desenvolver.
A colocación dos carteis correu a cargo do propio equipo de voluntariado do Lagares este pasado martes 12. Este foi o resultado.