Este sábado tamén tivo lugar a entrega de premios do concurso de fotografía entre o voluntariado que participou durante o verán en Illas Cíes.
Contou coa presenza do Sr. Alcalde e da Concelleira de Medio Ambiente, que fixeron unha escolma do imporante traballo realizado durante os meses de xullo, agosto e setembro. Nalgunhas das fotografías gañadoras recóllese precisamente a laboura feita.
Presentáronse un total de 33 participantes ao concurso e foron seleccionadas 10 instantáneas (ver en fotografías laterais). Os premios entregados consistiron nun lote de libros e videos cortesía do Parque Nacional das Illas Atlánticas, coorganizador do voluntariado en Cíes xunto coa Concellería de Medio Ambiente.