Escomeza outubro a moi bo ritmo. O sábado o voluntariado tivo unha sesión en Vigozoo para prantar carballo. Os 27 voluntarios e voluntarias, xunto con acompañantes menores, tiveron ocasión de realizar todo o proceso de semente, empregando material reutilizado. A experiencia foi interesante.
E o domingo, cun día expléndido, visitouse as Gándaras de Budiño e continuouse co percorrido pola Senda das Greas.
As explicacións nas Gándaras por parte dos monitores permitiron coñecer mellor un dos humedais máis importante de Galicia, así como o hábitat que nel reside. En particular fíxose fincape na bacaloura ou escornabois, no sapoconcho e diversas aves migratorias. No apartado fotos, dispondes dun resume fotográfico da etapa.