Quenda 10

Hei! ¿Que tal? Somos a “Quenda 10” (de décimos e de que somos os mellores jeje..). Como somos mogollón deixo as presentacións para o final. Viñemos aquí coma voluntarios para coidar este cacho de terra no medio da ría e para disfrutar deste paraíso cheo de gaivotas. Entre as nosas importantísimas labores está apuntar todas e cada unha das persoas que pasan pola caseta de información (superdiver…) ou lanzar troncos polo aire (sin que falte o clásico grito de “TRONCO VAI!!!, iso si, para tapar atallos que erosionan o terreo e provocan riadas) labores imprescindibles para o bo funcionamento das illas.


- Parte do equipo da Quenda 10 -
Polas mañás despertámonos co fabulosos canto dos paxariños (gaivotas dando gritos ás sete da mañá) que son as causantes de numerosas desaparicións nas tendas (refírome ás bolsas de lixo, ainda que os sacos de durmir tamén se moven…).

Nas tardes de “relax” o normal é acabar con area ata nas orellas (literalmente) e darse un bañito no mar. Porque ata agora o tempo foi relativamente bo, cunha pequeña brisiña que hoxe convertiuse nun “agradable” vento acompañado dunha “lixeira” choiva (desas que te calan ata os ósos).

Nestes días convertémonos nunha familia e, como tal, fixemos cousas xuntos: ir a ver a posta de Sol ó Alto do Príncipe, cear xuntos, cavar zanxas para a choiva… numerosas actividades propias dunha familia nada convencional que espera seguir pasándoo xenial e volver a repetir.

Dende aquí un saúdo de parte de Bea I, Bea II, Xurxo, Merche, Xesús, Paula, Hugo, Santi, Jessi, Rubén, Sandra, Andrea, Antía I e Antía II (a monitora), coa colaboración especial de Antía III, a máis guapa de todas con diferencia, a fermosa lagartija das Illas Cíes, e a presencia do que agora forma parte da “family”: o polo de gaivota que sempre anda nas nosas tendas.

ATA OUTRAAAAAA!!!!

P.D.: Porque paga a pena vir, xa sexa coma voluntario ou como campista, porque hai cousas que non teñen prezo.

P.P.D.: Moito coidado cos “servizos hixiénicos”

CHAOOO!!!

Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Quenda 10
Quenda 10
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEglgUaLL8iFxNjZGeu5hqjw0Fe1xigmYcq1ED9CghKelIjzG9ED6n_lcVzQCZwT7zp7qtW4MZOfNPeCc9xYPK2-hKJ5HQ-6BQ8hGryaKHZzVeHkpgylhlY98NJphj_pJQ5UI34ngjmrcZE6/s320/DSCN0990.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEglgUaLL8iFxNjZGeu5hqjw0Fe1xigmYcq1ED9CghKelIjzG9ED6n_lcVzQCZwT7zp7qtW4MZOfNPeCc9xYPK2-hKJ5HQ-6BQ8hGryaKHZzVeHkpgylhlY98NJphj_pJQ5UI34ngjmrcZE6/s72-c/DSCN0990.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/08/quenda-10.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/08/quenda-10.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar