Acción de voluntariado en Vigozoo


ACCIÓN DO VOLUNTARIADO DE CAMIÑO A CAMIÑO
Data: Sábado, 14 de xullo de 2012.       Hora: 10:00h
Lugar: Invernadeiro de VigoZoo.

Obxectivo: “Multiplicación vexetativa de arbustos e algunhas árbores autóctonas por estaquillado para a súa posterior repoboación en zonas liberadas de flora alóctona e invasora”.
Descrición:
Trátase de facer un pequeno obradoiro de iniciación e informativo de cómo operar á hora de reproducir, vexetativamente, árbores e arbustos sen agardar a recoller as sementes e obtendo un clon, xenéticamente igoal, á planta patrón de onde se saca o esquexo.
A reprodución ou mutiplicación dalgunhas especies vexetais pódese facer  a través de varios métodos. Un  deles pode ser a través da sementeira das sementes das propias plantas, arbustos ou árbores e outra, que nos vai ocupar nesta ocasión, a través de multiplicación vexetativa.
A multiplicación vexetativa da que nos imos ocupar, consiste en coller unha porción de planta determinada e axeitada  e conseguir que dela saian  raiceiras, para formar un novo exemplar das mesmas características xenéticas do patrón do cal se extraeu.
Aplicarémolo en dous tipos de estacas: as leñosas e as semileñosas.
·         Leñosas: serán estacas de madeira dura, porcións dunha pola da que emerxen varios gomos. Practícase sobre todo en arbustos caducifolios, aínda que tamén non se descartan moitos de folla perenne.



Este tipo de estacas leñosas recóllese en outono ou en inverno, cando están sen follas. Podémolas conservar envoltas en feixes en parafilm no caixón  inferior do frigorífico (+/-4ºC)  para que conserven o letargo e a humidade, ou gardalos nun sustrato area+turba (50:50) para espichalos no mes de febreiro.

·         Semileñosas: estacas de madeira nova, branda, da que conservaremos algunhas folliñas terminais.


·         No caso das poliñas de folla caduca colléremos polas que teñan arredor dun ano de idade e dentre 7 e 9 milímetros e dunha lonxitude de aproximadamente 20 cm. As poliñas deberanse cortar xusto por embaixo dun nó ou gomo e o corte extremo superior irá cun corte inclinado co vértice por riba de outro gomo, de xeito que a auga, cando lle caia, non esbare cara ao gomo, poidendoo apodrecer. Por último deberemos eliminar xermolos ou follas se os houbera para evitar a perda de auga en exceso. 
·         Pola contra, en arbustos de folla perenne, quitaremos somentes as follas inferiores, deixando só un par de folliñas no extremo. 
·    Faremos estaquillado en recipientes no invernadeiro, a cuberto, aínda que tamén, co tempo que vai e nun lugar resgardado do Sol e con humidade espicharémolos no exterior, e plantados direitamente no solo. 
·       Como sustrato, tanto para as especies caducifolias como para as perennes usarase area ou perlita con  turba ou terra vexetal, que non se apelmace e facilite o desenrolo das raiceiras.

·         E por último e antes de plantar os esquexes ou estacas, impregnaremos o estremo que vai soterrado no chan con hormonas de enraizamento, para aumentar as probabilidades de éxito do estaquillado, pero que en principio non son necesariamente imprescindibles.

Recursos e referencias:



Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Acción de voluntariado en Vigozoo
Acción de voluntariado en Vigozoo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiFNLaAf3nIK9KLSq1B8UWQ_gsNJxs5PMonLgLlVqmFHwFnsbvBGIBs8p6RhgH_x2BIntjcv9gKCWL90IR5D8UPHprUMI8QKvBO7uARLyr-o-wa2CHV6yyXRqJivcAHUx-WtXf3ENpCqyOn/s320/Captura1.PNG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiFNLaAf3nIK9KLSq1B8UWQ_gsNJxs5PMonLgLlVqmFHwFnsbvBGIBs8p6RhgH_x2BIntjcv9gKCWL90IR5D8UPHprUMI8QKvBO7uARLyr-o-wa2CHV6yyXRqJivcAHUx-WtXf3ENpCqyOn/s72-c/Captura1.PNG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/07/accion-de-voluntariado-en-vigozoo.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/07/accion-de-voluntariado-en-vigozoo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar