O Alcalde de Vigo e a Concelleira de Medio Ambiente departiron cos 120 escolares e cos 20 voluntarios que estiveron presentes nas actividades programadas con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Os rapaces de 5º curso dos CEIP Seis de Nadal e de Balaidos e os de 3ª do CEIP Illas Cies poideron saber cal é o efecto das especies invasoras, poideron erradicar prantas invasoras (da man dos voluntarios e voluntarias do Camiño a Camiño), realizar unha ruta interpretada polo río Lagares ou realizar diversos obradoiros e xogos relativos aos distintos contidos abordados este ano no programa Camiño a Camiño: elaboración de caixas-niño, reciclaxe, etc.
Baixo o lema "O Día do Medio Ambiente: unha acción cotiá" púxose en valor o traballo de sensibilización, educación e voluntariado medioambiental realizado durante o último ano co programa "Camiño a Camiño". Foron un total de 10.000 usuarios os que participaron no programa, tanto nas rutas como nas actividades infanto-xuvenís ou no voluntariado. Isto todo nun programa que logra a continuidade ao longo de todo o ano e que aborda unha destacada diversificación nas liñas de actuación e nos destinatarios.
Todos este aspectos foron presentados polo Alcalde na rolda de prensa realizada no propio lugar das actividades, onde invitou a todos os rapaces participantes a visitar a Casa Consistorial e aproveitou para agradecer aos voluntarios presentes a laboura realizada