A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, informou en rolda de prensa da actividade desenvolvida o pasado sábado, onde máis dun centenar de voluntarios extraeron uns 8.000 quilos de catro especies invasoras da beira do río Lagares, plantas que desprazaban as autóctonas alterando o ecosistema autóctono.
Recordou que a iniciativa voluntaria partiu dos propios participantes, iniciando este modelo de cooperación ambiental nas Illas Cíes e posibilitando un "éxito", en verbas da concelleira, que prolongará esta acción todos os mércores e sábados ata o próximo 16 de xuño, en horario de 10 a 13 horas, "para continuar co traballo xa feito". Esta medida conta coa colaboración de Vegalsa-Eroski.
A responsable de Medioambiente avanzou que este venres os voluntarios municipais participarán na erradicación de prantas alóctonas en distintas praias de Alcabre e a fin de semana do 19 de maio terá lugar nas Illas Cíes, habilitando o Concello 100 prazas previa inscripción desde o próximo luns no teléfono 010. O voluntariado no parque nacional alongarase ata setembro e realízase en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas. Para poder optar ás vacantes de Cíes é preciso ter completado o curso de voluntariado que ofrece os sábados 12 de maio e 16 e 23 de xuño pola mañá en VigoZoo, con capacidade para cen persoas cada semana. Chus Lago apuntou que 300 persoas xa cursaron esta formación ata o momento.