Preto de 400 persoas participan esta fin de semana nas diversas actividades programadas en Camiño a Camiño.
Na mañán deste sábado partiu o grupo que vai realizar a ruta por Médulas. A pesar do madrugón o ánimo cundía no ambiente, tal e como se reflicte na instantánea de partida.
Dada a previsión climatolóxica para o domingo, o roteiro polo Morrazo preséntase moi atractivo e máis de 200 persoas teñen previsto disfroitar dun día completo de actividade.
No tocante ao voluntariado, iniciouse onte coa actividade en Alcabre. 12 voluntarios e voluntarias participaron nunha activa eliminación de "invasoras". Para mostra un botón:
Prosigue o traballo de voluntariado este sábado pola mañan no río Lagares, con 40 persoas apuntadas, e máis de 50 inscritos no curso previsto no Vigozoo.