Unha experiencia moi positiva para os/as rapaces/as que están a asistir a estas actividades especiais en Vigozoo co gallo das vacacións de Semana Santa.
O zoo estase a encher de animación e xogo a cargo dos máis de 120 rapaces e rapazas de 8 a 14 anos que participan nesta “nova aventura”.
Xogos de pistas, escalada, proxeccións de planetario, obradoiro de observación de microbioloxía e visita ao reptilario son as actividades que definen esta novo programa en Vigozoo, proporcionando aos participantes unhas vacacións de Semana Santa diferentes.
“Un día de aventura” é unha actividade especial organizada polo Departamento de Educación de Vigozoo para o luns, martes e mércores de Semana Santa.