Fermosa e variada ruta de 12’4 km e dificultade media a
que se ten previsto facer este vindeiro domingo día 22 de abril. Moi andadeira
pese ao que poidamos interpretar co perfil da ruta (ver detalle no documento "Greas 5")
Partiremos dende San Cibrán (Donas), pasaremos pola aldea de A
Portavedra e iremos ata as inmediacións da
aldea de Torre, confluencia das estradas que comunican Gondomar con Tomiño. Aquí teremos o Apeadeiro, é dicir,
practicamente a metade da ruta. Os que sigamos ata o final atravesaremos o rego que vai cara aos muíños de Couso e chegaremos a aldea de A Fraga. A partir de entón estaremos subindo os abeiros do Monte Tetón (455 m), por pistas e camiños que nos levarán ata o cumio e dende onde poderemos deleitarnos cunhas das vistas máis fermosas que veremos no Sendeiro das Greas
Xa de baixada cara ao final da ruta, temos por forza que parar ante unha das estacións de petroglifos que rodean ao Monte Tetón.
Ruta: Chan do Cereixo – Val do Tebra.
Recorrido
completo: 12’4 km. Duración: 4:00 h
Ata o
APEADEIRO: 7 km. Duración:
2:30h
Altura
máxima: Monte Tetón (474.4 m.) Altura mínima: río de Couso (217 m.)
Dificultade:
Media
Pendente
máxima: 22,2 % - 26,8 %