Como sabedes, durante todo o ano 2012 está previsto percorrer en 12 etapas o Sendeiro das Greas, con 206 km no seu percorrido orixinal. Trátase do sendeiro máis longo de Galicia e discorre por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. O nome do sendeiro procede das greas de cabalos e, de feito, percórrense moitas zoas de curros e rapas.
No primeiro trimestre fixemos as tres primeiras etapas, empezando en Vigo con dirección cara Nigrán e Baiona.
Toca neste segundo trimestre avanzar outras tres etapas polos concello de Gondomar cara Salceda de Caselas.
Como nas etapas anteriores, faranse percorridos de entre 12 e 15 kilómetro cun apeadeiro aos 8 ou 9 kilómetros para aqueles que prefiran realizar un percorrido máis curto.
A proposta para as tres etapas vindeiras é a que se reflicte no seguinte mapa.