Este sábado 17 de marzo escomezaron os cursos de voluntariado medioambiental organizados pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo.
A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, inaugurou este primeiro bloque de cursos animando aos participantes a coñecer a fondo o precioso entorno que nos rodea no Concello de Vigo e a colaborar na importante tarefa de conservación. Tamén deu a coñecer a previsión de realizar, xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas, estas tarefas tanto en Semana Santa como en dúas fins de semana de maio e durante todo o verán.
Os preto de 90 participantes tiveron ocasión de coñecer que se pretende coa figura do voluntariado nos proxectos de conservación en espazos de especial interese ecolóxico, así como a formación de contidos e técnica básica para iniciar próximamente a laboura nas Illas Cíes.

O vindeiro sábado 24, entre 10 e 14h, repetirase o curso de voluntariado ambiental para aquelas persoas interesadas nunha formación básica e que queiran participar nas accións de voluntariado previstas para este ano.