1. "Multiaventura en Zamáns" (31 de marzo). Rapaces de 8 a 14 anos. Horario: 16 a 20 horas. Gratuíta
Nº de prazas: Amplíase a 120.
Ademais, cabe a posibilidade de que se apunten os pais e nais para acompañar aos rapaces. Cos pais e nais farase unha pequena ruta polo entorno de Zamáns e compartiranse algunha das actividades previstas.
Saída: 16:15 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 16:00
Retorno (estimado): 20:00 na Praza do Rei.
2. "Un día de aventura en Vigozoo" (2-3-4 de abril). Rapaces de 8 a 14 anos. Horario: 11 a 18 horas.
2,55 € por participante
2,55 € por participante
Nº de prazas: 75 cada día. Non se pode repetir.
Contido: visita ao zoo e actividades de educación medioambiental e de aventura (orientación, escalada, etc)
Inscrición no 010 de luns a sábado da semana previa
Despois de semana santa, en Vigozoo, todos os sábados de abril e maio haberá unha actividade "Explorando Vigozoo" de 17 a 19 horas para rapaces de 8 a 14 anos.
3. Voluntariado medioambiental en Cíes
Tal e como se indicou nos dous cursos de voluntariado realizado, as persoas inscritas no 010 teñen que pasar pola Casa da Xuventude para cubrir a ficha de inscrición e asinar o acordo de colaboración de voluntariado. Ademais terán que depositar como fianza 10 euros, que se devolverán o día de ida a Cíes.
Dado que o mércores é festivo e xoves hai convocatoria de folga, convén que pasen entre luns e martes. O venres xestionaranse as reservas.
A hora de convocatoria na Estación Marítima para o sábado 31 de marzo e o xoves 5 de abril é as 9:30. O barco sae as 10:15
O retorno será o martes 3 de abril e domingo 8 de abril no barco das 19:15
Hai 15 prazas para menores de idades como acompañantes, baixo a responsabilidade dos seus titores