Comezamos pasiño a pasiño un novo e ilusionante percorrido, que era un dos máis demandamos polos nosos e nosas camiñantes. Enlazando así, un camiño tradicional que nos fala de historia, dos nosos antergos e dun modo de vida.
Dende a ladeira do monte Alba partimos cara a Candebrito e Montecastelo para coñecer de primeira man o outerio dos mouros, un lugar estratéxico noutros tempos, cun alto valor histórico, cultural e paisaxístico.
Rematamos ao carón do río Miñor, despois dunha xornada onde o sol foi o protagonista. Non deixes de botar unha ollada á nosa colección de imaxes da sección de fotos.