Un total de 30 inscritos na primeira quenda de voluntariado medioambiental nas Illas Cíes. Con este grupo iníciase o programa promovido pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas. Dende este momento ata finais de setembro esta previsto que un total de 600 persoas voluntarias participen no programa.
Os ánimos, a pesares do madrugón para algúns, eran bos. Son catro días intensos, de inicio de tempada en Cíes e onde a laboura a desenvolver é grande. Xa nos contarán nalgún que outra misiva.
Derivado de ser inicio de tempada, moitos dos participantes optaron por levar enseres. No camping está previsto que funcione o autoservicio e subministro básico (pan, auga e leite), pero aínda non está operativo nin o supermercado nen o bar de abaixo.