A Concellería de Medio Ambiente inicia hoxe o programa de Camiño a Camiño en idade escolar coa visita por parte dos alumnos de 6º de primaria do CEIP Balaidos á zona húmida de Goberna.
Na actividade de interpretación medioambiental prevista contémplanse abordar a biodiversidade propia das zonas húmidas, o efecto das especies invasoras, a observación de aves e de flora, a realización de xogos e, sobre todo, a importancia de conservar espazos que son refuxio de moita flora e fauna.
Está prevista a participación de 15 centros educativos públicos próximos ás zonas húmidas de O Vao, Muiños, Goberna, A Bouza e Barreiro, con acceso de preto de 750 escolares. Con esta actuación complétase a campaña de promoción das zonas húmidas de Vigo, coa que a Concellería de Medio Ambiente quere por en valor uns destacados espazos naturais cos que conta a cidade e sobre os que se están desenvolvendo actuacións destacadas nos últimos anos.