Benqueridos/as camiñantes:
Por motivos organizativos houbo que facer axustes na programación de Camiño a Camiño:
- O evento de escalada e multiaventura da Praza da Independencia pasa finalmente para o sábado 17 de marzo, pola tarde.
- As actividades infantís de multiaventura en Zamáns, realizaranse os sábados 24 e 31 de marzo.
Aproveitamos este "teletipo" para adiantar a programación das actividades relacionadas con Illas Cíes:

Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental
De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies nas distintas convocatorias que están previstas en Semana Santa e no Verán, ábrese unha acción formativa para preparar aos participantes neste programa. Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental nas Illas Cíes.
17 marzo (sábado): Iniciación ao voluntariado medioambiental I
24 marzo (sábado): Iniciación ao voluntariado medioambiental II
Horario: 10:00 -14:00
Lugar: Vigozoo.
Destinatarios: maiores de idade.
Inscrición: 010, na semana da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00
Voluntariado medioambiental en Illas Cíes (do 31 de marzo ao 3 de abril e do 5 ao 8 de abril)
Quenda 1: 31 marzo - 3 abril. 50 participantes entre 18 e 35 anos
Quenda 2: 5 - 8 abril. 50 participantes maiores de 18 anos
Lugar: Illas cíes.
Actividades: Retirada de alóctonas e limpeza de praias (en colaboración co Parque nacional das Illas Atlánticas). Actividades de interpretación medioambiental (rutas, snorkel e kayak)
Requerimento: ter feito o Curso de voluntariado medioambiental.
Inscrición: 010, na semana da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00