Os preparativos para visitar a cova de Cortiñas están ultimados. Para iso tivo lugar este xoves pasado unha sesión orientativa para os participantes a cargo dos monitores que van desenvolver a actividade.
Bea, do Espeleo Club Aradelas, presentou dun xeito moi ameno e visual o básico que temos que coñecer das covas e da espeleoloxía: dende como se conforman ata qué nos podemos atopar, pasando por facer un repaso da topografía da cova de Cortiñas. Ademais tamén abordou temas básicos da indumentaria a levar e de como cómpre comportarse no interior das covas.
Tanto rapaces/as como adultos, disfroitaron da charla e interesáronse por diversos aspectos organizativos.
A reportaxe fotográfica da sesión formativa pódese ollar no apartado de "Fotos".