Despois de que en decembro se realizaran dous cursos de iniciación ao snorkel (mergullo de superficie), esta fin de semana pasada un novo grupo tivo a ocasión de aprender a técnica necesaria para poder facer observacións marinas. Tal e como expresaban, unha experiencia moi gratificante cando se lle colle o "truco".
No apartado de fotos recóllense unha selección das realizadas na piscina de Lavadores, sendo as seguinte unha mostra.
No apartado de fotos recóllense unha selección das realizadas na piscina de Lavadores, sendo as seguinte unha mostra.
Ata o xoves 9 de febreiro está aberto no 010 o prazo para a inscrición ao 2º grupo do curso de iniciación de snorkel. Esta formación vai ser moi útil nas actividades previstas para realizar na visita a Cíes.