Os participantes na ruta do pasado fin de semana tiveron ocasión de ver dende a altura o traxecto do río da Fraga de Moaña, paraxe de excepcional atractivo medioambiental e cunha alta densidade de muiños (de feito tamén recibe o nome de ruta dos muíños).
Iniciarase a actividade no porto de Moaña para aproximarnos ao Areal da Xunqueira e de inmediato acceder ao sendeiro que bordea o rio da Fraga (ver mais detalle no documento anexo A Ría de Vigo II: Sendeiro da Fraga). A ruta realízase de xeito circular para volver outra vez ao porto.
Nesta ocasión, dada a extensión e o desnivel do percorrido, vanse establecer dúas rutas atendendo ao nivel de dificultade:
GRUPO 1: 10 km polo tramo baixo e medio do sendeiro da Fraga. Na ida o camiño é ascendente en todo o tramo e, lóxicamente, na volta realízase en baixada (ver tramo vermello do debuxo). A dificultade desta ruta é media, cunha duración aproximada de 3 h 30 minutos.
GRUPO 2: 17,2 km polo tramo baixo, medio e alto do sendeiro da Fraga, facendo nesta última parte un círculo que permite ver as fervenzas do lugar. A dificultade desta ruta é alta, cunha duración aproximada de 4 h 45 minutos.
Tal e como se recomendou na ruta anterior, convén levar un tentempé para media mañá dado que o retorno farase tarde, e resulta imprescindible levar bo calzado para camiñar e bastón de apoio (ver apartado recomendacións).