Nun percorrido dende Bouzas á Bouza, os camiñantes do Camiño a Camiño tiveron ocasión de comprobar a riqueza medioambiental das diversas zonas húmidas existentes no percorrido, tal e como se pode comprobar na foto aérea.
Nas distintas paradas os/as monitores proporcionaron información detallada do funcionamento de cada un dos espazos, sendo a Bouza a parada estrela. Nela, José Antonio impartiu unha "clase maxistral" sobre a realidade das zonas húmidas urbanas e sobre a importancia da súa conservación en estado orixinario para preservar a biodiversidade da variada fauna existente e, particularmente, das aves (ver mais detalle no documento anexo "Zonas húmidas de Vigo II")

Anque o día gris que se presentou non axudaba para iniciar o Safari fotográfico de Camiño a Camiño, intrépidas fotógrafas e fotógrafos tomaron a iniciativa e puxéronse mans a obra. Agardamos ansiosamente poder ver os resultados no blog en breve (lembrar, remitir fotos ou enlaces a info@caminoacaminovigo.org).