Non se podía escomezar mellor a tempada: cubríronse as 300 prazas para visitar á zona húmida do Vao.
Sen dúbida é unha oportunidade única para contemplar unha das reservas medioambientais destacadas do Concello de Vigo (ver dossier máis completo en ¨Documentación).
Na fotografía de 1949 está identificada a zona húmida actual en violeta e o Club de Campo en verde, así como os regatos que a atravesan.
Para completar o programa deste último domingo de xaneiro, está previsto realizar un percorrido de aproximadamente 10 km no que se poderá contemplar o areal de Samil e o ecosistema da zona húmida de Fontes-Pertegueiras e as dunas de Fontaiña e do Vao.
A diversidade de flora e fauna, tanto autóctona como alóctona, coa que nos imos atopar queda reflitido no inventario elaborado pola Concellería de Medio Ambiente e que vai estar dispoñible a través dunha colección de fichas que se vai distribuír co gallo do Día das zonas húmidas (2 de febreiro). Un avance é a ficha da flora: