A resposta á convocatoria á primeira etapa das visitas ás zonas húmidas de auga doce de Vigo está xerando unha grande expectativa entre os camiñantes de Camiño a Camiño. A día de hoxe xa se superou os dous terzos da inscrición e subindo.
A visita ao brañal do Vao, con acceso polo Club de Campo, vai permitir a moitos vigueses e viguesas poder observar por primeira vez unha auténtica "perla" do patrimonio natural no Concello de Vigo de 137.557 m2 localizada entre as parroquias de Coruxo e Oia. No dossier que se colgará o xoves poderase comprobar algunhas características adicionais.
Ademáis, na ruta que está prevista para o domingo terase ocasión de realizar un percorrido dende da praia Tombo do Gato (popularmente coñecida por praia da Fonte) por algúns outros lugares de interese medioambiental: o bosque de amieiros e salgueiros localizado na zoa de Pertegueiras, antigo límite do areal de Samil, así como as dunas da Fontaíña e do Vao.