A segunda das Conferencias en VIgozoo abordou o cada vez máis importante tema da presenza dun can na vida das persoas e das familias.
Juan Freire, director de Ramalladas, proporcionou unha visión da importancia de entender cal é o compromiso que se asume coa adopción ou adquisición dun can ou dunha cadela; compromiso que en todo momento teñen que asumilo todos os compoñentes da unidade familiar e que necesariamente ten que ter en conta tanto o lugar onde se vai vivir como a disposición de tempo para educar ao animal. Por outra banda resulta imprescindible asesorarse e non deixarse guiar nin por tamaño nin por falsas impresións derivadas de estereotipos televisivos ou de modas. En conclusión, unha boa decisión repercutirá na satisfacción dos propietarios e na calidade de vida do can/cadela.
Moitos foron os exemplos expostos e permitiron comprender que se trata dun reto de longa duración e que, do contrario, é alto o risco de abandono -coa saturación das protectoras- ou de someter ao can/cadela a unha presión que deriva en depresión, ansiedade, agresividade, etc. Neste reto necesariamente deu a comprender cales son as claves de comportamento en termos de dominio/sometemento, que axudan a afondar nunha correcta educación, así como "novatadas" nas que nos se debería cair.
Ao final, unha interesante rolda de preguntas que fixo que o tempo dispoñible quedase curto e que teña que haber unha segunda parte.