A Concellería de Medio Ambiente ven de convocar novamente tres edicións do Curso de Viticultura en Galicia co obxecto de relacionar o cultivo vinícola das distintas zonas de Galicia co goce e degustación dos seus froitos elaborados: os viños. Particularmente nesta edición abordaranse os viños con denominación de orixe Rías Baixas.
A actividade está guiada por un sumiller titulado, que abordará a temática citada e como mellor apreciar as propiedades dos viños.
As datas dos cursos, que terán lugar nos locais da Asociación Veciñal do Casco Vello de Vigo entre as 11:30 e 14:00, son:
- Quenda 3: sábado, 17 de decembro
Habilítanse 30 prazas para cada curso por rigoroso orde de anotación no 010 (986810260 dende móbil)
A degustación de viños estará acompañada por racións de alimentos procesados que melloran as súas propiedades organolépticas. A ración será por conta dos participantes cun custo de 12 euros por persoa.